martes, 19 de noviembre de 2019

Primeira toma de mostras no proxecto de xenética: Quen é quen?


Visita IEO


O luns, 11 de novembro, a alumna Lucia Alonso e os alumnos Germán Pérez e Pablo Molejón acompañados polo titor Rubén Borrajo e o profesor de STEM Pablo Blanco acudiron ao Instituto Oceanográfico para tomar mostras da aleta caudal de 76 exemplares de rodaballo para o seu posterior tratamento.
Neste traballo de recollida de mostras estiveron acompañados polas investigadoras Montserrat Pérez e Castora Gómez.

Tratamento estatístico de datos

O venres as profesoras do departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo: Gloria Fiestras e Ángeles Saavedra estiveron axudando ao profesorado STEM no tratamento dos datos recollidos nos distintos proxectos do alumnado do bienio 2018-2019.
Acudiron a esta xuntanza a coordinadora do STEMBach do IES A Sangriña

lunes, 11 de noviembre de 2019

O profesor da USC Pablo Aguiar Fernández visita ao alumnado que titoriza

PROXECTO: Camiñando cara un diagnóstico precoz da Enfermidade de Alzheimer 

 As alumnas Catuxa e Violet levaron a cabo unha sesión de aproximación á investigación sobre enfermidade de Alzheimer da man do profesor da Universidade de Santiago de Compostela Pablo Aguiar Fernández. Realizaron unha introducción ás técnicas de neuroimaxe, tanto estruturais como funcionais, o estudo de biomarcadores e comentaron os últimos avances científicos no tratamento da enfermidade.

O alumnado de excelencia do STEMBAch no IES ROU



Os alumnos Lucia Alonso, Eva Álvarez, Pablo Barciela, Victor Barrado, Miguel Berros, Esther Cantos, Catuxa Carrera, Paula Fernández, Xabier Ferreiro, Sabela González, Germán Pérez, Pablo Molejón  e Antonio Otero inician o bienio 19-21 do STEMBach coa materia extracurricular A Investigación STEM, que cursarán os venres dende as 15:00 ata as 17:00.
Noraboa pola vosa incorparación a este proxecto!